Playmat

Dispoñible na App Store

Tempo claro en cada quenda

Playmat é un temporizador de quendas a pantalla completa para xogos de mesa. Lese desde o outro lado da mesa e manéxase cunha soa man.

Descarga gratuíta, con melloras opcionais. iPhone con iOS 26 ou posterior.

3:00

A cor di o tempo que queda. O número é secundario.

Que fai

Un toque, quenda nova

Toca calquera punto da pantalla e a quenda comeza de novo.

A duración que queiras

De 1 segundo a 59 minutos e 59 segundos, ou escolle 30 segundos, 1, 2, 3 ou 5 minutos cun só toque.

Dous xogadores, gratis

As quendas alternan e cada xogador ten nome, cor e tempo propios.

Tres deseños

Cheo, anel e díxitos: lense desde o outro lado da mesa.

Aviso ao rematar

Alarma sonora e cinco chiscadelas vermellas a pantalla completa.

En nove idiomas

Galego, catalán, castelán, éuscaro, inglés, alemán, francés, neerlandés e chinés simplificado.

Así se ve

Oito deseños e sete paletas, cada unha con tres cores de fase. Escolle unha e mira como cambian todos os deseños.

  • 1:52

    CheoDe balde

  • 0:54

    AnelDe balde

  • 0:21

    DíxitosDe balde

  • 1:40

    BarrasPersonalización

  • 0:48

    PuntosPersonalización

  • CadradosPersonalización

  • 0:57

    AreaPersonalización

  • 0:46

    BloquesPersonalización

Faina túa

Todo o anterior é gratuíto para sempre. Se queres máis, hai dúas melloras opcionais, de compra única e sen subscricións.

Compra única

Personalización

  • Cinco deseños máis: barras, puntos, cadrados, area e os bloques en píxel art de 8 bits
  • Sete paletas de cor e unha propia, co contraste sempre lexible
  • Catro tipografías, catro tamaños e opción de agochar o tempo numérico
  • Dez sons de alarma, catro vibracións, alarma só visual ou só háptica
  • Tema claro ou escuro forzado e unha icona da app que combinas ti
Compra única

Partida

  • De 3 a 8 xogadores, cada un con nome, cor e tempo de quenda propios
  • Aviso previo sonoro, visual e háptico uns segundos antes de que remate a quenda
  • Perfís por xogo: garda a mesa e recupérala cun toque
  • Reordena, salta ou saca un xogador a metade da partida
  • Pausa con bloqueo: un toque accidental non retoma a quenda
  • Resumo da partida: tempo total e media por quenda de cada xogador

O prezo, que varía segundo o país, está na ficha da App Store. As compras van ligadas ao teu Apple ID e pódense restaurar.

Como vai

01

Deixa o móbil no medio

Pon o iPhone no centro da mesa, coa pantalla cara arriba.

02

Escolle o tempo da quenda

Un acceso rápido ou a roda. A duración queda gardada para a vindeira partida.

03

Toca e xoga

Cada toque pecha a quenda e abre a seguinte. Non hai nada máis que aprender.

Nada que non faga falta

Playmat funciona por completo no teu dispositivo. Sen contas, sen servidores e sen anuncios na pantalla de xogo.

  • Sen conta
  • Sen conexión
  • Sen anuncios
  • Sen subscricións

Preguntas

Precisa conexión a internet?

Non. A app funciona enteira sen conexión; o temporizador non depende de ningún servidor.

Hai que crear unha conta?

Non. Non hai rexistro, nin inicio de sesión, nin perfil.

É gratuíta? Ten compras ou anuncios?

Descárgase gratis e o temporizador, con dous xogadores e tres deseños, é gratuíto para sempre. Hai dúas melloras opcionais de compra única, Personalización e Partida. Non hai subscricións nin anuncios. O prezo está na ficha da App Store.

Se cambio de iPhone, perdo as compras?

Non. As compras van ligadas ao teu Apple ID: na pantalla de compra de Playmat toca «Restaurar as compras» e recuperas todo.

Apágase a pantalla mentres xogo?

Non mentres a quenda corre ou soa a alarma. Se o temporizador está parado ou en pausa, aos dez minutos sen actividade volve mandar o bloqueo automático do iPhone.

Que dispositivo preciso?

Un iPhone con iOS 26 ou posterior.

Recolledes datos meus?

Ningún dato persoal nin nada das túas partidas, como os nomes dos xogadores. Só recibimos informes técnicos anónimos de fallos, rendemento e uso das funcións, que podes desactivar en Axustes → Privacidade. Explicámolo todo na política de privacidade.

Onde pido axuda ou propoño unha mellora?

Escríbenos. Contestamos todas as consultas.